domingo, 8 de mayo de 2011

BLOG DE RECURSOS EDUCATIVOS

Nesta páxina educativa, intentaremos reunir aqueles recursos educativos que nos poidan axudar a fomentar o uso das TIC nas nosas aulas. O máis importante é que se trata dun portal educativo aberto a moitas posibilidades, no que podemos participar todos subindo ou analizando os diferentes enlaces, e que será unha ferramenta indispensable na aula.
O máis importante é que formes parte desta idea, que sexas unha ou un colaborador máis subindo diferentes enlaces que beneficien ós teus compañeiros e á túa propia dinámica de clase. Non só están dirixidos ó apoio da adquisición de coñecementos, senón tamén son unha importante fonte de recursos que pode servir na aula como na propia casa do alumno.
Dado que cada nivel e clase son diferentes, organizaremos o noso traballo tanto en ciclos como en niveis coa fin de que sexa moi sinxelo o uso deste blog. Ademais, entendede que é un recurso interactivo que ten que estar continuamente mellorando o seu contido, polo que é importante facer uso do mesmo. Dentro dos ciclos, clasificaremos as temáticas segundo a área de traballo, para que o acceso sexa más direito, e ademais, faremos unha breve descrición sobre o seu contido.
Os accesos directos serán os seguintes:



    Esperamos que vos guste e que sobre todo sexa de utilidade na vosa dinámica de clase!!!!!